Braseiro

Braseiro no centro dun círculo de pedras con caracteres rúnicos en Straubing, Baviera.

Un braseiro é un recipiente utilizado para queimar carbón vexetal ou outro combustible sólido para cociñar, quentar ou realizar rituais culturais. A miúdo, toma a forma dunha caixa ou cunca metálica con pés. A súa elevación axuda a facer circular o aire, alimentando con osíxeno ao lume. Os braseiros utilízanse dende tempos antigos; así, o braseiro de Nimrud data polo menos do 824 a.C.[1]

  1. Russell, John M. (November 2003). "The MPs Do It Again: Two More Antiquities from the Top 30 Are Back in the Iraq Museum" (PDF). Archaeological Institute of America. Consultado o 2014-08-10. 

Developed by StudentB